Recén chegados

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Alba De Evan Freijedo

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Ledicia Costas

Galicia en guerra

Autor/a : Eduardo Rolland

Este libro recolle unha apaixonante historia oculta. A da participación de Galicia na II Guerra Mundial. De 1939 a 1945, Galicia estivo en guerra porque, malia a neutralidade de España, o país tivo un papel protagonista na guerra.

Partilla este libro

Sinopse

Este libro recolle unha apaixonante historia oculta. A da participación de Galicia na II Guerra Mundial. De 1939 a 1945, Galicia estivo en guerra porque, malia a neutralidade de España, o país tivo un papel protagonista na guerra. O volframio extraído das minas galegas alimentou a poderosa industria bélica de Hitler. Unha rede de espías alemáns e aliados operaba nos portos galegos, mentres os submariños U-boot se abastecían en Vigo e Ferrol. Empresas tapadeira, do consorcio nazi Sofindus, medraron en Galicia. A implicación foi tan grande que mesmo os barcos pesqueiros galegos acabaron por ser obxectivo da Royal Navy, con máis dunha ducia de afundimentos en operacións secretas. Ao remate do conflito, unha arañeira de axentes secretos acochou aos criminais nazis e organizou a súa fuxida cara a América. Unha apaixonante e descoñecida historia que agora, o xornalista Eduardo Rolland, relata en Galicia en guerra.

  • Colección

    CRÓNICA

  • Código

    1345083

  • I.S.B.N.

    978-84-9782-465-1

  • Publicación

    19/07/2006

  • Clasificación IBIC

    HBWQ

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    184

  • Tamaño

    22 x 14.5 cm

Sobre a colección CRÓNICA