"Historia da costa galega e os seus naufraxios (século XX)", de Fernando Patricio Cortizo, é o resultado dunha longa investigación en torno ás páxinas máis dramáticas, escuras e lendarias que o mar galego escribiu sobre as embarcacións que o surcaban e ás que fixo naufragar nas nosas costas.
Partilla este libro
Sinopse
"Historia da costa galega e os seus naufraxios (século XX)", de Fernando Patricio Cortizo, é o resultado dunha longa investigación en torno ás páxinas máis dramáticas, escuras e lendarias que o mar galego escribiu sobre as embarcacións que o surcaban e ás que fixo naufragar nas nosas costas. A partir dunha valiosa información recuperada de arquivos e da memoria das xentes, Fernando Patricio reconstrúe minuciosamente, ano tras ano, esa crónica dramática, épica e lendaria, que, non o esquezamos, en moitos casos foi sinónimo de traxedia e de morte. Cunha importante documentación gráfica e unha pormenorizada información, "Historia da costa galega e os seus naufraxios (século XX)" recupera para a nosa memoria a traxedia de todos e cada un dos buques que naufragaron na costa galega, desde o Serpent ao Prestige, pasando pola negra estirpe do Polycommander, Urquiola, Andros Patria, Casón, Aegean Sea, etc., sen esquecer determinados contextos históricos fundamentais como o desenvolvemento da industria conserveira e a expansión do sector naval en Vigo, a consignación migratoria en Galicia, os acontecementos militares das dúas guerras mundiais, a Guerra Civil, os apresamentos, os temporais e furacáns, a mítica memoria da Costa da Morte e do seu fotógrafo Ramón Caamaño, as illas, os faros, así como a reprodución das cartas mariñas cos naufraxios rexistrados en Galicia ata o século XX.
Colección
CRÓNICA
Código
1345067
I.S.B.N.
978-84-9782-164-3
Publicación
02/06/2004
Clasificación IBIC
HBTM
Formato
Papel
Páxinas
552
Tamaño
24 x 17 cm
Autor
Fernando Patricio Cortizo
Fernando Patricio Cortizo, (A Coruña, 1972) é técnico especialista en Cultivos Mariños e investigador de naufraxios. Actualmente é colaborador do xornal "La Voz de Galicia" na edición de Ferrol, da revista cultural "O Talieiro" de Malpica, e da TVG. Foi redactor da revista de mergullo "Espacio Submarino". A súa vida, intimamente vencellada ao mar desde o barrio de Monte Alto, transcorre entre mariñeiros e os mergulladores do Clube do Mar de San Amaro. Coa súa paixón pola pesca submariña descubriu os fondos galegos e os seus primeiros pecios. A afección pola historia e polos naufraxios levárono a escribir os libros "Manual do alumno de mergullo con tubo" (1999); e "Historia da costa galega e os seus naufraxios, s. XIX" (2000) e "Historia da costa galega e os seus naufraxios, s. XX" (Xerais 2004). Actualmente está a traballar nun libro sobre a traxedia do Prestige.