Tomando como principal fío condutor do discurso a evolución do asociacionismo mariñeiro en Galicia na etapa contemporánea, Dionisio Pereira mergúllanos no desenvolvemento da conflitividade social e laboral no «Mar dos Galegos» dende finais do século XIX e comezos do XX, así como na represión que tras o golpe militar do 18 de xullo de 1936 se dirixiu contra todo este tecido individual e colectivo.
Partilla este libro
Sinopse
Tomando como principal fío condutor do discurso a evolución do asociacionismo mariñeiro en Galicia na etapa contemporánea, Dionisio Pereira mergúllanos no desenvolvemento da conflitividade social e laboral no «Mar dos Galegos» dende finais do século XIX e comezos do XX, así como na represión que tras o golpe militar do 18 de xullo de 1936 se dirixiu contra todo este tecido individual e colectivo. Esta rede humana que turraba por unha riqueza compartida e un horizonte vital máis libre e igualitario foi, por iso mesmo, masacrada e marxinada.
Nesta obra, produto de moitos anos de traballos e investigacións potenciados coa singradura do chamado Barco da Memoria (2006), o autor tentou, como acto de xustiza e tamén como modesta semente de futuro, recuperar, relacionar e interpretar con rigor e veracidade anacos da «memoria dos vencidos» para retornalos aos seus herdeiros e a toda a cidadanía.
Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939), cun estilo claro e conciso, ofrécelle ao lector todos os datos necesarios para entender a organización societaria dos mariñeiros galegos, dende o período anterior ao xurdimento do movemento obreiro ata a chegada da Guerra Civil e a posterior ditadura franquista.
Colección
CRÓNICA
Código
1345117
I.S.B.N.
978-84-9914-182-4
Publicación
09/02/2011
Clasificación IBIC
HBWP
Formato
Papel
Páxinas
512
Tamaño
22 x 14.5 cm
Autor
Dionisio Pereira
Dionisio Pereira (A Coruña, 1953). Licenciado en Ciencias Económicas e investigador especializado na historia dos movementos sociais na Galicia contemporánea. Participa no Proxecto Interuniversitario "Nomes e Voces" e durante os últimos anos traballou no eido da cultura marítima de Galicia. Entre outros libros, publicou A CNT na Galiza (1922-1936) (1994), Sindicalistas e Rebeldes (1998), Imaxes da fatiga: Crónica gráfica do traballo na Galiza (1999), O Patrimonio Marítimo de Galicia (2000), Foulas e Ronseis (Retrincos para un Tratado do Mar dos Galegos) (2005) e Loita de clases e represión franquista no mar (Xerais, 2010). Ademais, en coautoría con Eliseo Fernández, publicou O Anarquismo na Galiza. Apuntes para unha enciclopedia (1870-1970) (2004), O Movemento Libertario en Galiza (1936-1976) (2006) e José Pasín Romero: Memoria do proletariado militante de Compostela (2012).