Memorias de Manuel González Fresco, fuxido asasinado na noiteboa de 1936 nos montes do Confurco. Obra de Víctor F. Freixanes pioneira no relato biográfico dos homes e mulleres que deron a vida por se arrepoñeren á sublevación militar franquista na defensa dos ideais republicanos e por un sistema máis xusto de convivencia.
Partilla este libro
Sinopse
Uns din que o mataron os falanxistas e a Garda Civil nos montes do Confurco. Outros, que houbo traizón, que foron os seus propios compañeiros. Sucedeu na noiteboa de 1936, logo de andar fuxido polos montes do sur de Pontevedra con 223 homes que loitaban pola República. Manuel González «O Fresco» era un «señorito» desclasado nas organizacións da Fronte Popular. Daqueles días arrepiantes da Guerra Civil deixou escritas unhas memorias que, preparadas por Víctor F. Freixanes, viron a luz por primeira vez en Xerais en 1980, despois dun silencio de máis de corenta anos. Presentado pola revista «Triunfo», o libro foi finalista ese ano do Premio Internacional da Prensa en Niza.
Catro décadas despois daquela primeira edición, volvemos publicar «O Fresco. Memorias dun fuxido (1936)», obra pioneira no relato biográfico dos homes e mulleres que deron a vida por se arrepoñeren á sublevación militar franquista na defensa dos ideais republicanos e por un sistema máis xusto de convivencia.
Colección
CRÓNICA
Código
1345163
I.S.B.N.
978-84-9121-531-8
Publicación
13/06/2019
Clasificación IBIC
BGH
Formato
Papel
Páxinas
176
Tamaño
22 x 14.5 cm
Colección
CRÓNICA
Código
1378804
I.S.B.N.
978-84-9121-535-6
Publicación
13/06/2019
Clasificación IBIC
BGH
Formato
ePub
Autor
Víctor F. Freixanes
Víctor F. Freixanes (Pontevedra, 1951) é escritor, editor e xornalista. En 1976 publicou «Unha ducia de galegos», libro de referencia na crónica da cultura galega contemporánea. Como narrador deuse a coñecer en 1982 con «O triángulo inscrito na circunferencia» (Premio Blanco Amor), novela que se considera xa un clásico da nosa narrativa. Outros títulos seus son «O enxoval da noiva» (1988), «A cidade dos Césares» (Premio Torrente Ballester, 1992) e «Cabalo de ouros» (2010).
Entre 1988 e 1992 dirixiu Edicións Xerais de Galicia, posteriormente, as edicións literarias do Grupo Anaya, Alianza Editorial e, máis recentemente, Editorial Galaxia. Para Xerais preparou en 2001 o ambicioso proxecto «Galicia. Unha luz no Atlántico», cunha nova tipoloxía editorial na que se amosa unha ampla e variada visión histórica de Galicia. En marzo de 2017 foi elixido Presidente da Real Academia Galega.