Recén chegados

Tina e Xeró

Tina e Xeró

Tina e Xeró

Pedro P. Riobó

Retorno

Retorno

Retorno

María Reimóndez

Sonata de amigos

Autor/a : Benedicto García Villar

"Non está de máis botar unha ollada serena para atrás. Iso pretendín con estas notas, subxectivas e apaixonadas até o tormento, das que o único responsable é quen isto escribe, que exerce libérrimo o dereito da memoria, conscientemente selectiva e neuroticamente teimuda".

Partilla este libro

Sinopse

"Non está de máis botar unha ollada serena para atrás. Iso pretendín con estas notas, subxectivas e apaixonadas até o tormento, das que o único responsable é quen isto escribe, que exerce libérrimo o dereito da memoria, conscientemente selectiva e neuroticamente teimuda". Son as palabras coas que Benedicto (García Villar), un dos fundadores de Voces Ceibes, presenta Sonata de amigos. Benedicto abre ao lector a intimidade da súa memoria cunha mirada ao pasado que busca, como cada un dos pasos dados polo autor ao longo da súa vida, contribuír á mellora do presente. Nas páxinas deste volume Benedicto rememora as súas orixes familiares, que o unen para sempre a Santiago de Compostela, cidade universitaria onde viviu a revolta estudantil de 1968, orixe dos variopintos compromisos cívicos do autor: dende a loita antifranquista ate a construción do sindicalismo democrático; dende a música entendida como instrumento de intervención social até o ensino como palanca de transformación; dende o uso da palabra escrita até a reivindicación da amizade como elementos dun mundo máis humano. Por Sonata de amigos desfilan acontecementos e personaxes claves da nosa historia. Sen eles tanto a historia recente de Galicia como o noso presente serían distintos.

  • Colección

    CRÓNICA

  • Código

    1345102

  • I.S.B.N.

    978-84-9782-944-1

  • Publicación

    11/12/2008

  • Clasificación IBIC

    BGA

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    184

  • Tamaño

    24 x 17.1 cm

Sobre a colección CRÓNICA