«É coma un neno», dicían de Romeu os seus coñecidos, pois se algo caracterizaba o vello barbeiro era a súa inocencia. A vida de Romeu transcorría tranquila, entre cortes de pelo, barbeados e lecturas na compaña das plantas da súa galería.
Partilla este libro
Sinopse
«É coma un neno», dicían de Romeu os seus coñecidos, pois se algo caracterizaba o vello barbeiro era a súa inocencia. A vida de Romeu transcorría tranquila, entre cortes de pelo, barbeados e lecturas na compaña das plantas da súa galería. Mais unha noite de treboada Escaquis apareceu misteriosamente para poñer patas arriba a súa existencia. Esta estraña nena contaba cun poder moi especial: era quen de abrir portas a outras realidades! Romeu e mais os seus amigos tentarán descubrir a súa orixe para axudarlle a retornar ao seu mundo.
Colección
De 10 anos en diante
Código
1384067
I.S.B.N.
978-84-9121-313-0
Publicación
08/02/2018
Clasificación IBIC
YFH
Formato
Papel
Páxinas
224
Tamaño
20 x 13 cm
Autor/a
Antonio Manuel Fraga
Antonio Manuel Fraga Allegue naceu en Nogueirosa (Pontedeume) en 1976. Estudou Enxeñaría Técnica Industrial en Ferrol, mais a vida teimaría por levalo cara ao eido das letras. Xa afincado no barrio coruñés de Monte Alto, en 2013 gañou o Premio Merlín de Literatura Infantil coa obra «O Castañeiro de Abril». Posteriormente publicou en Xerais «Tártarus» (2016), na colección Fóra de Xogo, e «Escaquis e Romeu» (2018), na colección Sopa de Libros. Coa obra «O bestiario científico de Anxos Nogueirosa» (2108) obtivo o I Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil. Este mesmo título foi elixido mellor obra xuvenil de 2019 na Gala do Libro Galego. En 2020 acadou o premio Jules Verne de Literatura Xuvenil coa obra «santoamaro» e en 2021 publica, na colección Merlín, «Papá caníbal». Algúns dos seus títulos foron traducidos a idiomas como o castelán, inglés, catalán ou éuscaro.