Serafina, que é filla dun ladrón de bicicletas, vive coa súa tía, dona Perfecta, nunha vila mariñeira. A súa máxima aspiración é ser equilibrista nun circo con Celerífera, a bicicleta coa que consegue abraiar, e cara a iso van enfocados todos os seus esforzos, aos que non serán alleos nin a axuda do vello Elías nin as dificultades que lle ocasionan a panda de Martiño o Bravo. O xurado da XXVª edición do Premio Merlín de Literatura Infantil outorgou o seu recoñecemento a esta primeira novela de Teresa Gonzalez Costa salientando "a perfecta combinación de tenrura e humor dunha historia cuxo fío condutor é unha bicicleta que se converte en personaxe, á beira da protagonista, e que guía con eficacia o desenvolvemento da historia". A filla do ladrón de bicicletas foi ilustrada por Jacobo Fernández Serrano e recomendada para lectores de 11 anos en diante.
Colección
De 11 anos en diante
Código
1343712
I.S.B.N.
978-84-9914-220-3
Publicación
03/06/2011
Clasificación IBIC
YFC
Formato
Papel
Páxinas
176
Tamaño
18.5 x 13.5 cm
Colección
De 11 anos en diante
Código
1377505
I.S.B.N.
978-84-9914-653-9
Publicación
01/03/2014
Clasificación IBIC
YFC
Formato
ePub