Recén chegados

Luísa Villalta. Alma de violino

Luísa Villalta. Alma de violino

Luísa Villalta. Alma de violino

Beatriz Maceda

Luísa Villalta. Melodía de palabras

Luísa Villalta. Melodía de palabras

Luísa Villalta. Melodía de palabras

María Canosa

Cos pés no aire

Autor/a : Agustín Fernández Paz
Ilustrador/a : Miguelanxo Prado

Cos pés no aire é unha novela breve que recolle a historia de Daniel, un oficinista que leva unha vida monótona e gris. Un día, de xeito casual, descobre que pode elevarse polo aire con só desexalo intensamente.

Material complementario

Partilla este libro

facebook twitter

Sinopse

Cos pés no aire é unha novela breve que recolle a historia de Daniel, un oficinista que leva unha vida monótona e gris. Un día, de xeito casual, descobre que pode elevarse polo aire con só desexalo intensamente. Temeroso de que outras persoas descubran o seu segredo, Daniel vese forzado a modificar todos os seus hábitos. Pero o cambio maior virá cando descubra que non é el só quen ten esa estraña cualidade. Velaquí unha narración onde se abordan as dificultades que algunhas persoas teñen polo feito de vivir nunha sociedade que exclúe o que non considera normal. Deste xeito, Cos pés no aire é unha lúcida e suxestiva parábola, na que latexa unha loanza da diferencia e unha invitación á autoestima. Un libro que, coma O Principiño ou outros títulos senlleiros, se dirixe a todas as persoas, sen distinción de idades. O libro, foi ilustrado por Miguelanxo Prado, que utiliza uns encadres orixinalísimos empregando unha técnica que lembra os seus mellores traballos.

  • Colección

    De 11 anos en diante

  • Código

    1343125

  • I.S.B.N.

    978-84-8302-861-2

  • Publicación

    29/10/2002

  • Clasificación IBIC

    YFB

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    80

  • Tamaño

    19 x 14 cm

Libros de Agustín Fernández Paz

De 9 anos en diante

A praia da esperanza

A praia da esperanza

De 7 anos en diante

A cidade dos desexos

A cidade dos desexos

FÓRA DE XOGO

Cartas de inverno

Cartas de inverno

Sobre a colección De 11 anos en diante