Tiña catro meses, Danny perde a súa nai. A súa única compaña será a de seu pai, que para el é o máis marabilloso do mundo. Vivían nun vello carromato de xitanos, que era a súa modesta casa e o seu fogar feliz, situado detrás dunha gasolineira na que ademais facían algunhas reparacións.
Partilla este libro
Sinopse
Tiña catro meses, Danny perde a súa nai. A súa única compaña será a de seu pai, que para el é o máis marabilloso do mundo. Vivían nun vello carromato de xitanos, que era a súa modesta casa e o seu fogar feliz, situado detrás dunha gasolineira na que ademais facían algunhas reparacións. Os xoguetes de Danny foron as rodas, os cegoñais, toda esa zarrapallada dos motores e demais pezas de automóbiles. Pero seu pai gardaba un importante segredo que colocará a Danny en serias dificultades e que está relacionado coa faisáns: ese belido animal de pluma, tan cobizado polos cazadores e tan preciado na cociña. O gran segredo desvelado será o motivo polo cal Danny se vexa obrigado, con tan só dez anos, a conducir un coche. Tamén acontecerá que o seu pai romperá un nocelo, por poñer un exemplo dos moitos enredos nos que se verán envoltos. Realmente os problemas son debidos á gran paixón do seu pai e á súa adversión polo señor Hazell, dono case absoluto da rexión na que se desenvolve a presente historia. Danny, o campión do mundo é posiblemente a novela máis realista de Roald Dahl, un dos clásicos da literatura infantil do século XX. Un libro que recolle algúns dos temas clásicos da literatura de Dahl: a súa intransixencia co tirano, a súa feroz crítico do adulto despota, o seu desexo de vinganza cando as perigosas persoas maiores amosan os seus comportamentos máis deleznables.
Colección
De 11 anos en diante
Código
1343934
I.S.B.N.
978-84-9914-264-7
Publicación
02/11/2011
Clasificación IBIC
YFC
Formato
Papel
Páxinas
248
Tamaño
19 x 13.5 cm
Autor
Roald Dahl
Roald Dahl (1916-1990) cando estalou a Segunda Guerra Mundial incorporouse como piloto de combate á Forza Área británica. Un accidente aéreo retírao do servicio e permítelle dedicarse á creación literaria. Novelas e contos para adultos, guións cinematográficos e, sobre todo, a súas obras para nenos convertérono nun dos autores máis lidos do século XX. Parte da súa obra de literatura infantil está traducida para o galego: "Charlie e a fábrica de chocolate" (Xerais, 2005),"Charlie e o grande ascensor de cristal" (Xerais, 2005), "As bruxas" (Xerais 1989, 2003), "Danny, o campión do mundo" (Xerais 1989, 2003), "Iago e o pexego xigante" (1990); "Matilda" (1993), "O dedo máxico" (1996) e "A marabillosa medicina de George" (Xerais 2004).