A Carlo e a Nicola, dous irmáns inseparables, gústalles pescudar no firmamento, sobre todo a choiva de estrelas da noite das Perseidas. Nicola, o maior, fíxose soldado, alistouse no exército profesional con tan mala fortuna que o deron por desaparecido nunha misión humanitaria na que participaba nun país en guerra.
Partilla este libro
Sinopse
A Carlo e a Nicola, dous irmáns inseparables, gústalles pescudar no firmamento, sobre todo a choiva de estrelas da noite das Perseidas. Nicola, o maior, fíxose soldado, alistouse no exército profesional con tan mala fortuna que o deron por desaparecido nunha misión humanitaria na que participaba nun país en guerra. Dende entón, Melchor e Margarita, os seus pais, non perderon nunca a esperanza de que algún día regresase. Agardaban celebralo cunha torta de améndoas, a favorita de Nicola, das que a avoa Natividade preparaba todos os días ao ritmo dunha rancheira. Pola súa banda, Carlo tomou unha decisión: pecharíase na terraza ata que volvese o seu irmán.
Colección
De 11 anos en diante
Código
1343235
I.S.B.N.
978-84-9914-632-4
Publicación
13/03/2014
Clasificación IBIC
YFB
Formato
Papel
Páxinas
128
Tamaño
19 x 13.5 cm
Autor/a
An Alfaya
An Alfaya (Vigo, 1964) ten unha obra literaria extensa dirixida tanto aos lectores e lectoras infanto-xuvenís como ás persoas adultas. Publicou as novelas A recortada (Xerais, 1999); Desventura (2003); Matei un home (2005), áccesit do Premio Novela por entregas La Voz de Galicia 2003; A sombra descalza (Xerais, 2006), Premio Lazarillo 2005, Premio Xosé Neira Vilas 2006 ao mellor libro infantil e xuvenil, Premio White Ravens 2007 e Lista de Honra IBBY 2008; Illa Soidade (Xerais, 2007), Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil 2007 e Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Xuvenil 2007; Areaquente (2009) Premio Lueiro Rey 2009 e Premio San Clemente 2010; Vía secundaria (Xerais, 2011), Premio Novela por entregas La Voz de Galicia 2010; Muros de aire (Xerais, 2015); A cea das enaguas (2016), Premio Frei Martín Sarmiento e O home de negro (2018), Premio Xosé Neira Vilas de Novela Xuvenil 2017.
Dentro da súa produción dirixida ao público infantil, Xerais publicou a obra teatral O maquinista Antón (1995, 2009) e os libros narrativos O caderno azul (1996), ¡Sireno, Sireno! (Premio Merlín 1997), A buguina namorada (2003), A encontadora (2003), O aroma do liquidámbar (2012) e O fío vermello (2014). Tamén recibiu o Premio Frei Martín Sarmiento nos anos 2008, 2011 e 2013 polas súas obras Zoa o Azor, A ánfora exipcia e O recendo das clementinas.
O Grupo (Xerais, 2019) foi merecedora do XII Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil.