Aldara e Paulo pasan as vacacións de verán cos seus avós na Casa de Outeiro en Viladomar de Cabodomundo. O avó cóntalles a súa aventura na busca dun tesouro fabuloso afundido na lagoa da Praia de Mardefora, á altura da Gran Duna onde hai moito tempo quedara asolagada a cidade de Reid'Is.
Partilla este libro
Sinopse
Aldara e Paulo pasan as vacacións de verán cos seus avós na Casa de Outeiro en Viladomar de Cabodomundo. O avó cóntalles a súa aventura na busca dun tesouro fabuloso afundido na lagoa da Praia de Mardefora, á altura da Gran Duna onde hai moito tempo quedara asolagada a cidade de Reid'Is. Aquela montaña de cofres repletos de ouro, diamantes e outras alfaias de valor incalculable, ficara agochada no grandioso pazo do rei e custodiada polos feroces urcos sedentos de sangue e por unha fermosa rapaza de cabeleira vermella, a princesa do lago. Como fixo o avó para baixar á cidade, a capital do Antigo Reino? Conseguiu recuperar algunhas daquelas pezas marabillosas?
O tesouro da lagoa de Reid 'Is de Agustín Agra obtivo o Premio Merlín de Literatura Infantil 2006. Texto de literatura fantástica cunha forte pegada realista, o xurado sinalou como os seus elementos máis salientables a fermosa recreación de lendas tradicionais galegas sobre un fondo de materia artúrica, a recuperación da oralidade, a creación toponímica sobre estruturas galegas (Cidadepedra, país de Alenmar...), o emprego dun léxico rico, inzado de referencias literarias e mitolóxicas, a reinvención de personaxes como o Gaiteiro Manfred (que toca muiñeiras de auga para que lle leven a tristura).
Colección
De 11 anos en diante
Código
1343166
I.S.B.N.
978-84-9782-481-1
Publicación
23/10/2006
Clasificación IBIC
YFD
Formato
Papel
Páxinas
88
Tamaño
18.5 x 13.5 cm
Autor
Agustín Agra
Agustín Agra (Noia,1966). Tras desenvolver o seu traballo en diversos centros educativos do país, hogano exerce como profesor de Bioloxía no IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela.
Ademais de vinte anos de participación na Asociación Cultural Barbantia, da súa autoría son as obras «O tesouro da lagoa de Reid Is» (Xerais, 2006; Premio Merlín), «Cazaría salvaxe» (Xerais, 2008), «O recendo das mimosas» (Xerais, 2009), «A treboada de C» (2009), «Trampa de luz »(Xerais, 2012), «Cor animal» (2015), «Silencio» (2020) e «Libro das contrarias» (Xerais, 2025, Premio Ánxel Fole).
Neste tempo recibiu o Premio Modesto R. Figueiredo do ano 2004 e o primeiro accésit de 2005, gañou o concurso de relatos de inspiración científica Inspiraciencia nos anos 2016 e 2019 e foi finalista do Certame Manuel Murguía do ano 2023.