Recén chegados

Retorno

Retorno

Retorno

María Reimóndez

Sonora

Sonora

Sonora

Chus Pato

A casa de había unha vez

Autor/a : Ana María Fernández
Ilustrador/a : Enjamio

¿Quen no coñece aínda o conto do soldadiño de chumbo ou da Carapuchiña vernella? En A casa de había unha vez, Ana María Fernández e o ilustrador Enjamio convídannos a realizar unha viaxe ó eterno mundo dos contos a través duns poemas nos que se entrecruzan dragóns e leóns, trasniños, raíñas e princesas, fadas encantadas e ras enmeigadas: Ó soldadiño de chumbo dóelle o pé de correr de guerra en guerra ó coxilipé.

Partilla este libro

Sinopse

¿Quen no coñece aínda o conto do soldadiño de chumbo ou da Carapuchiña vernella? En A casa de había unha vez, Ana María Fernández e o ilustrador Enjamio convídannos a realizar unha viaxe ó eterno mundo dos contos a través duns poemas nos que se entrecruzan dragóns e leóns, trasniños, raíñas e princesas, fadas encantadas e ras enmeigadas: Ó soldadiño de chumbo dóelle o pé de correr de guerra en guerra ó coxilipé. A princesiña do tupé está co seu zapato de tacón tomando un canapé coas damas no salón. No bosque encantando dos tres regatiños bailaban a polca os sete ananiños. A rata do lindo bigote, meteu os fociños no fondo do pote. O xastre, que era valente, enfadouse de repente e matou dunha patada sete moscas descaradas.Vinteoito poemas que piden ser recitados en voz alta para descubri-la música dos contos de sempre, que ningún neno nin ningunha nena quererán deixar de escoitar.

  • Colección

    De 7 anos en diante

  • Código

    1343906

  • I.S.B.N.

    978-84-9782-897-0

  • Publicación

    21/10/2008

  • Clasificación IBIC

    YDP

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    56

  • Tamaño

    19 x 13.5 cm

Sobre a colección De 7 anos en diante