
Viaxe de ida e volta
Mol e Fol son dous caracois que viven felices nunha pequena horta, ata que un día alguén colle a leituga pola que eles andaban e provoca a súa separación.
Mol e Fol son dous caracois que viven felices nunha pequena horta, ata que un día alguén colle a leituga pola que eles andaban e provoca a súa separación.
Mol e Fol son dous caracois que viven felices nunha pequena horta, ata que un día alguén colle a leituga pola que eles andaban e provoca a súa separación. Un verme axuda a Fol a escapar de ir dereito ó lixo, pero ó fuxir rompe a cuncha. Por sorte cae nas mans de Andrea, unha rapaza amante dos animais. Pero Antón, o seu irmán maior, non lle dá tanta confianza, e de novo Fol anda a fuxir. Desta vez cae nunha arañeira, e aínda que nun principio a araña se enfada con el, acaban facéndose amigos. Axudándose entre os dous, conseguen saír ó xardín dende a casa de Andrea e Antón. Alí por fin atopará de novo a Mol.
Colección
De 9 anos en diante
Código
1343868
I.S.B.N.
978-84-9782-542-9
Publicación
23/04/2007
Clasificación IBIC
YFP
Formato
Papel
Páxinas
80
Tamaño
19 x 13 cm