Neste Consultorio dos nomes e dos apelidos galegos, X. L. Méndez Ferrín explora, con ánimo indagatorio e divulgativo, sen unha estrita pretensión académica, os antropónimos do noso País, que son os auténticos protagonistas deste libro. A obra organízase en tres partes: no "Consultorio" abórdanse asuntos xerais e particulares referidos aos nomes persoais e aos apelidos galegos; en "Un ferrado de apelidos" analízanse por orde alfabética os 153 apelidos máis frecuentes; e en "Flor de raros" trátanse vinte apelidos seleccionados entre os excepcionais. Completan a obra un breve glosario e un completo índice onomástico. O Consultorio dos nomes e dos apelidos galegos é un volume de indispensable consulta para todas aquelas persoas que sintan curiosidade e afán de coñecemento pola vida e a historia dos devanceiros.
Colección
DICIONARIOS
Código
1336020
I.S.B.N.
978-84-9782-642-6
Publicación
19/10/2007
Clasificación IBIC
CBD
Formato
Papel
Páxinas
504
Tamaño
22.3 x 16.2 cm