Coa publicación desta segunda entrega d' O segundo sexo culmínase felizmente o proxecto de ofrecer en galego unha obra clave para entender o universo das mulleres e as coordenadas do feminismo, ao tempo que as nosas letras se enriquecen cun texto fundamental para a humanidade que xerou, despois de sesenta anos da súa aparición, unha rede de pensadoras e activistas que transcende xeracións, clases e países.
Partilla este libro
Sinopse
Coa publicación desta segunda entrega d' O segundo sexo culmínase felizmente o proxecto de ofrecer en galego unha obra clave para entender o universo das mulleres e as coordenadas do feminismo, ao tempo que as nosas letras se enriquecen cun texto fundamental para a humanidade que xerou, despois de sesenta anos da súa aparición, unha rede de pensadoras e activistas que transcende xeracións, clases e países. Neste volume, «A experiencia vivida», Simone de Beauvoir analiza a situación de opresión que viven as mulleres na sociedade. Na primeira parte, «Formación», estuda a infancia, a adolescencia, a mocidade e a iniciación sexual; incorporando o lesbianismo. Continúa na segunda, «Situación», analizando varios aspectos da figura adulta femenina, como a muller casada, a nai, a vida social, a prostitución, a madurez e a vellez. Prosegue na terceira, «Xustificacións», abordando diferentes actitudes das mulleres, retratando á «narcisista», á «namorada» e á «mística». Finaliza, na derradeira parte da obra, «Cara á liberación», propoñendo no seu único capítulo, «A muller independente», as dúas vías que teñen as mulleres para saír da súa situación de opresión, sen obviar as dificultades que atoparán nesa loita: a independencia económica como presuposto de calquera otra emancipación legal, social ou xurídica e a loita das mulleres como colectivo consciente da súa opresión.
Colección
Ensaio
Código
1383018
I.S.B.N.
978-84-9914-095-7
Publicación
11/03/2010
Clasificación IBIC
DNF
Formato
Papel
Páxinas
744
Tamaño
22 x 15 cm
Autor/a
Simone de Beauvoir
Simone de Beauvoir (París, 1908-1986) estudou filosofía e exerceu como profesora desta disciplina en varios liceos ata converterse en escritora profesional en 1943. Nos anos da súa formación coñeceu ao estudante Jean Paul Sartre, quen enseguida devén o seu inseparable compañeiro, tanto a nivel persoal como intelectual. Escribiu unha decisiva obra ensaística, con títulos como Pyrrhus et Cinéas (1944) [Pirro e Cineas], Pour une morale de l' ambiguïté (1947) [Para unha moral da ambigüidade], Le deuxième sexe (1949) [O segundo sexo], La Vieillese (1970) [A vellez]. Como narradora publicou, entre outras, as novelas, L'Invitée (1943) [A invitada] e Les mandarins (1954, premio Goncourt) [Os mandaríns], ademais dun importante obra memorialística recollida en cinco volumes