O primeiro ensaio, «O marco europeo da cuestión nacional», trata do proceso de estruturación dos estados e da emerxencia das nacións de Europa, procurando evidenciar que os estados e as fronteiras establecidas son consecuencia de causas históricas e condicionamentos materiais e culturais concretos.
Partilla este libro
Sinopse
O primeiro ensaio, «O marco europeo da cuestión nacional», trata do proceso de estruturación dos estados e da emerxencia das nacións de Europa, procurando evidenciar que os estados e as fronteiras establecidas son consecuencia de causas históricas e condicionamentos materiais e culturais concretos. O segundo, «O reino de Galiza e as orixes do castelanismo», cuestiona a idea de España atribuída ás virtudes e á superioridade de Castela. O terceiro, «O tempo político dos trobadores», aborda o marco político de consolidación do galego como lingua de cultura e administración entre os século XII e XIV. O cuarto, «Sobre a Historia General de España de Modesto Lafuente», critica a interpretación que inspira as ideas tópicas sobre o carácter do Estado español como nación. O quinto, «O españolismo historiográfico no tempo constitucional», examina o estado desa ideoloxía no tempo posterior a 1978. O derradeiro, «O intérprete supremo», analiza a sentenza do Tribunal Constitucional sobre o novo Estatuto de Autonomía de Cataluña, que fecha as vías de recoñecemento da diversidade nacional abertas nas pasadas décadas. Unha posición que contrasta coas decisións tomadas polas institucións do Estado español ante o ingreso na Comunidade Europea e o desenvolvemento da Unión Europea, cando decidiron a transferencia de competencias en materias expresamente definitorias de carácter e da soberanía estatal.
Colección
Ensaio
Código
1383025
I.S.B.N.
978-84-9914-349-1
Publicación
04/06/2012
Clasificación IBIC
DNF
Formato
Papel
Páxinas
240
Tamaño
22 x 15 cm
Autor
Camilo Nogueira
Camilo Nogueira Román (Vigo 1936), enxeñeiro e economista, é un dos máis destacados dirixentes do nacionalismo galego. Presidente da Asociación Cultural de Vigo nos anos sesenta, contribuíu a fundar o sindicalismo galego e a estruturar o nacionalismo como organización política entre os anos sesenta e noventa. Foi deputado no Parlamento de Galicia, desde os seus inicios (1981-1993) e desde 1997 a 1999, facendo compatible o traballo político co profesional. Foi concelleiro no Concello de Vigo e membro do Parlamento Europeo na lexislatura 1999-2004. Autor dunha extensa obra ensaística e política publicou en Xerais: O poder industrial en Galicia (en colaboración con Luís Soto e Xan L. Facal) (Xerais 1980), A memoria da nación I. O reino de Gallaecia (Xerais 2001), primeiro volume do seu vasto proxecto de interpretación da historia política de Galicia titulado A memoria da nación, A terra cantada (Xerais 2006), Para unha crítica do españolismo (Xerais 2012) e Unha nación no mundo (Xerais 2019).