Unha reflexión sobre os afectos e o valor
verdadeiro, un canto de amor ao boxeo e unha constatación da importancia de
termos sempre alguén na nosa esquina que nos guíe á hora de evitar os golpes
eludibles e nos acompañe para encaixar os inevitables. XV Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2023.
Partilla este libro
Sinopse
Tras a morte da súa nai, Cecilia, unha adolescente de dezaseis anos, non sabe como convivir coa dor. Por se non fose pouco, unha pandemia, un cambio de casa, a precariedade e a incomunicación coa súa tía avoa énchena de rabia ante o mundo que a rodea. Cando a cousa parece que xa non podería empeorar máis, atópase co boxeo. Grazas a este deporte e a unha serie de persoas que a acompañarán, Cecilia atopa a confianza nas propias forzas para buscar unha vida plena, para atopar o seu lugar seguro.
"Furia" non é só a historia dunha moza que se enfronta á perda e á dor, senón unha reflexión sobre os afectos e o valor verdadeiro, un canto de amor ao boxeo e unha constatación da importancia de termos sempre alguén na nosa esquina que nos guíe á hora de evitar os golpes eludibles e nos acompañe para encaixar os inevitables.
Colección
FÓRA DE XOGO
Código
1365209
I.S.B.N.
978-84-1110-413-5
Publicación
05/10/2023
Clasificación IBIC
YFB
Formato
Papel
Páxinas
248
Tamaño
21 x 13 cm
Colección
FÓRA DE XOGO
Código
1377237
I.S.B.N.
978-84-1110-427-2
Publicación
05/10/2023
Clasificación IBIC
YFB
Formato
ePub
Autor/a
María Reimóndez
María Reimóndez (Lugo, 1975) é tradutora e intérprete de profesión e feminista por convicción.
Conta cunha ampla lista de títulos, dende a poesía ao ensaio, pasando pola narrativa.
Como poeta destaca "Galicia en bus" (2018), co que gañou o Premio de Poesía Johán Carballeira, e en ensaio, a obra "Feminismos" (2013), en coautoría con Olga Castro, E "A casa do amo" (Xerais, 2024).
Como narradora para o público mozo destacan "Usha" (2006); "Corredora" (2017); "Fóra do normal" (2018), Premio Agustín Fernández Paz; "A formiga destemida" (2020), "Bárbaras!" (2021) e "Furia", Premio Jules Verne 2023.
Para persoas adultas, "O club da calceta" (2006), Premio Arcebispo Xoán de San Clemente 2007, traducida ao castelán, italiano e francés e adaptada á escena e ao cine ou as novelas do Ciclo dos Elementos: "En vías de extinción" (2012); "Dende o conflito" (2014), Premio Xerais de Novela; "A música dos seres vivos" (2015); "As cousas que non queremos oír" (2017) e "As estacións do lobo" (2019).
Na colección Milmanda publicou a Triloxía dos Seres Completos: "Cobiza" (2021), I Premio Literario Pinto e Maragota á diversidade sexual e de xénero, "Multitudes" (2023) e "Retorno" (2024). Fotografía da autora: Pablo Vázquez.