No país de Glearim, onde reina Ambulasac o Vixiante, todos os seus habitantes dormen deseguido. No pasado concedéraselles o don de non morrer mentres durmían, por iso teñen medo a estar espertos e foron durmindo cada vez durante máis tempo coa intención de ser eternos. Aurora, unha afouta rapaza que coñece un segredo que moi poucos saben, baixará até o fondo da Fraga Mesta e emprenderá un camiño novo para reunirse con Val e as súas xentes, que pretenden liberar o país daquela pasividade que fixo da bendición de non morrer a maldición de non vivir. Aurora e Val non renunciarán a vivir e non queren que ninguén escriba por eles o seu destino nin a súa historia. As duras batallas que librarán terán como obxectivo a recuperación da memoria e da identidade de Glearim como pobo.
Colección
FÓRA DE XOGO
Código
1365141
I.S.B.N.
978-84-9914-104-6
Publicación
18/06/2012
Clasificación IBIC
YFH
Formato
Papel
Páxinas
144
Tamaño
21 x 13 cm
Colección
FÓRA DE XOGO
Código
1377111
I.S.B.N.
978-84-9914-584-6
Publicación
04/10/2013
Clasificación IBIC
YFH
Formato
ePub