Recén chegados

Tina e Xeró

Tina e Xeró

Tina e Xeró

Pedro P. Riobó

Retorno

Retorno

Retorno

María Reimóndez

O Señor dos Aneis II

Autor/a : J. R. R. Tolkien
Traductor/a : Moisés Rodríguez Barcia

O Señor dos Aneis trata principalmente dos hobbits, e nas súas páxinas o lector descubrirá moito sobre o seu carácter e algo sobre a súa historia.

Partilla este libro

Sinopse

O Señor dos Aneis trata principalmente dos hobbits, e nas súas páxinas o lector descubrirá moito sobre o seu carácter e algo sobre a súa historia. Os hobbits constitúen un pobo discreto pero moi antigo, noutrora máis numeroso do que é hoxe en día. Aman a paz e a tranquilidade, e o cultivo da boa terra; o seu hábitat preferido constituíao unha rexión ben organizda e cultivada. Non comprenden nin gostan de máquinas máis complicadas ca un muíño de auga ou un tear de man, anque son hábiles coas ferramentas. Xa nos tempos antigos desconfiaban polo xeral da "Xente Grande". Teñen o oído agudo e a vista penetrante, e anque tenden a ser gordos e non corren innecesariamente, son de movementos áxiles e lixeiros. En As dúas torres, o segundo volume desta triloxía, desfeita a Irmandade do Anel, a Frodo e ó seu fiel Sam tócalles percorrer o camiño máis escuro na súa viaxe á Terra das Tebras. Paralelamente, os restantes membros da Compañía vense envoltos en batallas, descubrimentos e sucesos extraordinarios que constituirán o escenario principal da Guerra do Anel. Publicada en 1955, O Señor dos Aneis, a máis complexa das obras de Tolkien, supuxo a definitiva renovación do xénero fantástico. J.R.R. Tolkien, como filólogo e estudioso dos mitos, elaborou complexas estructuras nas súas historias, cheas de detalles e estilisticamente afastadas das modas. A través do universo fantástico descrito en O Señor dos Aneis, debedor da mitoloxía escandinava, Tolkien formula o tema da corrupción do poder e a impersonalización do mundo industrializado. O seu profundo coñecemento dos ritos e o seu estilo marcadamente inglés fixeron desta triloxía épica, novelas que hoxe teñen unha extraordinaria vixencia e aceptación entre os lectores mozos de todo o mundo.

  • Colección

    FÓRA DE XOGO

  • Código

    1365057

  • I.S.B.N.

    978-84-8302-826-1

  • Publicación

    06/06/2002

  • Clasificación IBIC

    YFH

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    440

  • Tamaño

    21 x 13 cm

Libros de J. R. R. Tolkien

FÓRA DE XOGO

O hobbit

O hobbit

FÓRA DE XOGO

O Señor dos Aneis III

O Señor dos Aneis III

FÓRA DE XOGO

O Señor dos Aneis I

O Señor dos Aneis I

Sobre a colección FÓRA DE XOGO