Todo o que escribe coa man esquerda convértese en realidade, e isto fai que Joana Dalva sexa unha persoa , moi especial. Como debe usar ese poder para curar a súa avoa?, como axudar a unha amiga a curarse da anorexia?, ou, como escapar dun secuestro? Estes son algúns dos desafíos que «a rapaza que ten o mundo na man» relata no seu diario.
Partilla este libro
Sinopse
Todo o que escribe coa man esquerda convértese en realidade, e isto fai que Joana Dalva sexa unha persoa , moi especial. Como debe usar ese poder para curar a súa avoa?, como axudar a unha amiga a curarse da anorexia?, ou, como escapar dun secuestro? Estes son algúns dos desafíos que «a rapaza que ten o mundo na man» relata no seu diario. Neste segundo título da serie, Sérgio Klein adéntrase no complexo mundo da adolescencia e nos embarca na aventura de descubrilo.
Poderosa 2 constitúe a segunda entrega a serie Poderosa, iniciada o pasado ano con grande éxito dentro da colección Fóra de Xogo. Un diario, como a primeiro, protagonizado por unha rapaza que tiña o mundo na man. Unha novela para todos os lectores e lectoras que cren no poder transformador das palabras.
Colección
FÓRA DE XOGO
Código
1365124
I.S.B.N.
978-84-9914-050-6
Publicación
20/11/2009
Clasificación IBIC
YFB
Formato
Papel
Páxinas
192
Tamaño
21 x 13 cm
Autor
Sérgio Klein
Sérgio Klein (1963-2010). Naceu no Brasil na cidade de Sete Lagoas, autor de contos e poemas premiados no Brasil e no exterior, recibiu o Premio Casa de América Latina, outorgado pola Radio France Internacionale de París. Co volume de "Palabras cruzadas", obtivo o primeiro lugar no Concurso Nacional de Literatura Cidade de Belo Horizonte en 2002. En galego ten publicado até o momento dous volumes da súa serie Poderosa: Poderosa (Xerais 2008), Poderosa 2 (Xerais 2009) e Poderosa 3 (Xerais 2011).