De xeito desenfadado e mediante anécdotas, neste libro práctico ofrécense consellos para darmos o paso de usar o galego e para mellorarmos a nosa cualidade lingüística, desbloqueando os prexuízos e medos aprendidos e asumindo que os problemas con que nos encontramos moitas veces non son de orixe gramatical, senón social. Este libro é útil para un público diverso, interesado na lingua nosa, desde persoas que queren comezar a falala até estudantes de calquera nivel ou persoas que desexan mellorala.
Colección
LIBRO X
Código
1379502
I.S.B.N.
978-84-9914-447-4
Publicación
23/10/2012
Clasificación IBIC
CBG
Formato
Papel
Páxinas
240
Tamaño
20 x 13 cm