Recén chegados

Luísa Villalta. Alma de violino

Luísa Villalta. Alma de violino

Luísa Villalta. Alma de violino

Beatriz Maceda

Luísa Villalta. Melodía de palabras

Luísa Villalta. Melodía de palabras

Luísa Villalta. Melodía de palabras

María Canosa

Falemos de caricatura

Autor/a : Siro, Félix Caballero

Neste libro entrevista de Félix Caballero, Siro López verte o seu saber práctico e teórico sobre a caricatura, abordando con sistematicidade todos os aspectos esenciais, dun xeito sinxelo, claro, directo e didáctico. Unha boa oportunidade para nos achegar á maxia da caricatura da man dun dos seus mestres.

Partilla este libro

facebook twitter

Sinopse

Siro é o pai da caricatura na prensa galega despois da Guerra Civil e o caricaturista político galego por excelencia dos últimos cincuenta anos. Aos milleiros de caricaturas que ten publicado en xornais e revistas cómpre engadir o seu labor teórico sobre a caricatura en estudos monográficos como "A caricatura como arte", publicado na revista "Grial" xa na temperá data de 1974; no libriño didáctico "Como debuxar caricaturas" (1991); ou de forma dispersa en moitas das súas publicacións, especialmente nos libros "Castelao humorista" (1996) e "Castelao en el arte europeo" (2016). Agora, nesta entrevista de Félix Caballero, verte o seu saber práctico e teórico sobre o asunto, abordando con sistematicidade todos os aspectos esenciais, dun xeito sinxelo, claro, directo e didáctico. Unha boa oportunidade para nos achegar á maxia da caricatura da man dun dos seus mestres.

  • Colección

    LIBRO X

  • Código

    1379522

  • I.S.B.N.

    978-84-9121-325-3

  • Publicación

    08/03/2018

  • Clasificación IBIC

    WHC

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    120

  • Tamaño

    24.5 x 17.5 cm

Sobre a colección LIBRO X