A literatura trobadoresca galego-portuguesa constitúe un dos tesouros que conforman o mellor legado da historia do noso país. Unha herdanza e unha crónica, ademais, que permanecen absolutamente vivas, na medida en que un bo número daqueles textos que compuxeron trobadores e xograres dá cumprida noticia de episodios, temáticas e lugares -velaí a ría de Vigo, a illa de San Simón...- que forman parte do noso devir cotián. Redactado con rigor e amenidade, "Martín Codax e os xograres do mar de Vigo" artéllase así como unha ferramenta especialmente axeitada para viaxarmos cara a aquela xeira en que os poetas de noso souberon compoñer cantares de amor, de amigo e tamén de burlas e ironías que seguen propiciando a atención máis activa. Cantigas e versos que non caducan.
Colección
LIBRO X
Código
1379521
I.S.B.N.
978-84-9121-290-4
Publicación
09/11/2017
Clasificación IBIC
DSC
Formato
Papel
Páxinas
152
Tamaño
20.5 x 13 cm