Este libriño editouse en volume no ano 1974, se ben boa parte dos capítulos desa primeira edición xa se publicaran, como dispersos, en 1973. Causou naquelas datas -aínda non morrera Franco- estrañeza ou desconcerto entre os lectores que viron no protagonista, Pedro Petouto, un mestre socialista, un curioso predicador marxistizante. O autor do libro, o profesor Xesús Alonso Montero, afirma que o señor Petouto (1840-1906) existiu, aínda que, en ocasións, dá a entender que o inventou para poñer na súa novelesca boca frases e cavilacións máis ou menos subversivas que a censura franquista non toleraría postas na pluma dun súbdito español de 1974 que, ademais, cobraba como catedrático de literatura, do Estado.
Colección
LIBRO X
Código
1379507
I.S.B.N.
978-84-9914-656-0
Publicación
06/04/2014
Clasificación IBIC
FYB
Formato
Papel
Páxinas
96
Tamaño
20 x 13 cm
Colección
Ensaio
Código
1378609
I.S.B.N.
978-84-9914-751-2
Publicación
22/09/2014
Clasificación IBIC
FYB
Formato
ePub