Recén chegados

Retorno

Retorno

Retorno

María Reimóndez

Sonora

Sonora

Sonora

Chus Pato

Gramática insubordinada

Autor/a : Obradoiro de Lingua Gianni Rodari

"Gramática insubordinada", preparada polo Obradoiro de Lingua Gianni Rodari tenta operativizar a utopía de xogar a aprender ou de aprender xogando, que tanto ten.

Partilla este libro

Sinopse

"Gramática insubordinada", preparada polo Obradoiro de Lingua Gianni Rodari tenta operativizar a utopía de xogar a aprender ou de aprender xogando, que tanto ten. Pretende fechar a aula ao aborrecemento converténdoa nun obradoiro de investigación activa, diverxente, disparatada e creadora. É afillada da Gramática da fantasía de Gianni Rodari, curmá da Psicanálise dos contos de fadas de Bruno Bettelheim, neta da Morfoloxía do conto de Vladimir Propp e parente de Alicia no país das marabillas de Lewis Carroll. O Obradoiro de Lingua Gianni Rodari fai pedagoxía de pupitre. Le analizando o proceso creativo e aprópiase da estrutura dos textos de autores recoñecidos para recrealos. Escarva nas feridas máis íntimas, cuestiona as premisas máis sagradas da Gramática. Contos, poemas, adiviñas, palíndromos, farfanías, centóns..., naceron na escrita lúdica e participativa das nosas xuntanzas. Pescudamos textos de diferente complexidade para adaptalos ás diversas idades do alumnado. Levamos os modelos á escola, vemos como funcionan e tomamos medidas. En cada proposta encontraredes o texto de partida, a recreación nosa e a das nenas e dos nenos. Velaí un acio de receitas para cociñar a Gramática. Unha escolma de métodos diversos de creación e transformación de textos. De pretextos. Un fío do que turrar para levar a tinta de paseo.

  • Colección

    MATERIAL EDUCATIVO

  • Código

    1349059

  • I.S.B.N.

    978-84-9782-165-0

  • Publicación

    09/06/2004

  • Clasificación IBIC

    JNUM

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    264

  • Tamaño

    24 x 17 cm

Sobre a colección MATERIAL EDUCATIVO