Os Megatoxos son catro mozos que teñen que compatibilizar as clases no instituto, cunha dobre vida que os impulsa a viaxar na procura dunha cura para a súa mutación xenética, un cambio provocado por unha planta moi especial, o Toxo.
Partilla este libro
Sinopse
Os Megatoxos son catro mozos que teñen que compatibilizar as clases no instituto, cunha dobre vida que os impulsa a viaxar na procura dunha cura para a súa mutación xenética, un cambio provocado por unha planta moi especial, o Toxo. Esta planta mutante ten, entre outras, a capacidade de viaxar no espazo e no tempo. Os Megatoxos, en pasadas aventuras, estiveron na época Castrexa, na Idade Media, e na Revolución industrial en París.
Todos os humanos teñen dúas caras: a luminosa e a escura. A primeira é a que normalmente amosamos diante dos nosos semellantes, mais, as veces, o demo interior pugna por saír á superficie.
Que pasaría se esa vertente sinistra tomase o control? E se lle acontecese a unha persoa cun alto potencial como Lúa? E se o poder do Toxo complicase aínda máis a situación?
O instituto dos Megatoxos cae en desgraza e unha horrible transformación esténdese polo alumnado e mais o profesorado. Entrementres, en Venecia, unha misteriosa raíña trata de dominar o mundo grazas ao poder do Toxo. Os dous escenarios están intimamente ligados, e só os Megatoxos poden resolver a crise que ameaza os dous mundos.
Colección
Megatoxos
Código
1384604
I.S.B.N.
978-84-9914-249-4
Publicación
03/06/2011
Clasificación IBIC
YFH
Formato
Papel
Páxinas
192
Tamaño
21.5 x 15 cm
Autor
Anxo Fariña
Anxo Fariña (Vigo, 1977). Licenciado en Belas Artes. Escritor, ilustrador e director de Arte. Coñecido autor que compaxina o traballo creativo co contacto directo cos seus lectores, que comprenden un amplo espectro debido á súa variada obra. Ten participado en Salóns do Libro, obradoiros de ilustración, conferencias para docentes ou en campañas de promoción do galego para a Xunta de Galicia, como «Graffiti e letras», «Creando historias con Anxo Fariña» e «Ti creas a historia». Ademais de ler, gústalle escalar, o deseño, os robots, facer snowboard, os reloxos, a arquitectura, correr... e debuxar con música de Frank Sinatra! En Xerais ten publicados os libros «A chave da Atlántida» (Premio Merlín de Literatura Infantil 2011 e Premio Frei Martín Sarmiento 2013), a exitosa serie «Os Megatoxos» (que leva sete títulos publicados) e a serie «Gliz» para primeiros lectores (2017), así como as novelas «Horizonte de sucesos» (2016), «4 xinetes» (2017) e «Os ecos do lume» (2019). Anxo Fariña mantén o seu blog: http://megatoxos.blogspot.com/