
O arco da vella
A vella Maruxa tiña un amor viaxeiro. Cando soubo que o seu amor marchaba, comezou a tecer para el un abrigo con sete fíos de la. O día da partida entregoulle ao seu amor o abrigo e viu como o seu amor partía deixándolle nos labios un bico e na man un anel de prata.