A imaxe dun ou de varios paraugas, con xente ou sen xente, reclama a nosa atención antes de comezarmos a ler cada unha das historias que encabezan. Non sabemos con seguridade se foi antes a foto ou o relato, pero en realidade tanto ten, porque ambas as dúas cousas se complementan e forman parte dun mesmo acto creador. Ó comezarmos a lectura váisenos desvelando e explicando a imaxe, agás en «Mónica dos dous paraugas» e mais en «A volta do rodeo», relatos nos que temos que agardar ó final para descubrir o que une imaxe e texto. Habitantes do país da chuvia, Paco Martín e Daniel Puente Bello poñen o foco nos paraugas para facelos protagonistas deste libro. "Hai moitas historias de paraugas na miña provincia galega e todas as que coñezo supoñen que os paraugas voan" Álvaro Cunqueiro
Colección
Milmanda
Código
1334523
I.S.B.N.
978-84-9121-091-7
Publicación
22/09/2016
Clasificación IBIC
FA
Formato
Papel
Páxinas
152
Tamaño
21.5 x 14.5 cm
Colección
Milmanda
Código
1378232
I.S.B.N.
978-84-9121-087-0
Publicación
22/09/2016
Clasificación IBIC
FA
Formato
ePub