O que pode ser e non é garda a esencia mesma do poema. Todo o que está prohibido agocha, en si mesmo, a orixe primeira que ilumina o sendeiro que hai que percorrer, cuxo trazado delictivo queda fóra das normas castradoras da tribo.
Partilla este libro
Sinopse
O que pode ser e non é garda a esencia mesma do poema. Todo o que está prohibido agocha, en si mesmo, a orixe primeira que ilumina o sendeiro que hai que percorrer, cuxo trazado delictivo queda fóra das normas castradoras da tribo. En «Baixo terra. No ar» un personaxe en estado de ansiedade loita contra a realidade por atopar a porta de fuxida. Só no instinto fica a propia condición. Nese proceso procura o «eu» máis auténtico no «ti» en que se reflicte. Unha historia de amor sen desenlace posíbel.
Colección
POESÍA
Código
1322283
I.S.B.N.
978-84-1110-156-1
Publicación
08/09/2022
Clasificación IBIC
DCF
Formato
Papel
Páxinas
104
Tamaño
22 x 14.5 cm
Colección
POESÍA
Código
1378533
I.S.B.N.
978-84-1110-159-2
Publicación
08/09/2022
Clasificación IBIC
DCF
Formato
ePub
Autor
Manuel Lopez Rodríguez
Manuel López Rodríguez (Noia, 1978). Publicou os libros de poesía «Antítese nativa» (2008), «Rompe» (2020), «Desde onde non nace» (2020), «Vangarda ule» (2020), «Nas pulsacións» (2021), «Para que non me esqueza» (2021), «Baixo terra. No ar» (Xerais 2022), «O cemiterio. A néboa» (2022), «A flor da letra» (Estampa de lectura con percusión, para nenos e nenas) (2022), «Neste mesmo intre» (2023), «Cruzeiro» (2023) e «831-urb» (Xerais 2024).
Gústalle definirse como «outsider» e camiñar polas periferias do verso.