Lapidarias
Coma un claroscuro de Caravaggio, estes «versos negros» revelan as ambigüidades das categorías de luz e sombra e constitúen unha reiteración do fóra de campo cinematográfico mediante o cal o que non está aparece.

Coma un claroscuro de Caravaggio, estes «versos negros» revelan as ambigüidades das categorías de luz e sombra e constitúen unha reiteración do fóra de campo cinematográfico mediante o cal o que non está aparece. As fotografías que acompañan os textos atravesan o abismo que arreda ao individuo de todo o que está fóra del, e nun raro exorcismo iconográfico «externalizan» e dan forma á súa paisaxe interior. Os poemas de Lapidarias. Os versos escuros botan man -mediante unha expresión mínima- das dualidades e elipses que debullan os oxímoros da existencia: a morte e a vida, a autodestrución e a redención, a linguaxe e o silencio, a corporeidade e a espiritualidade, a dor e o pracer, a violencia e o amor.
Colección
POESÍA
Código
1322224
I.S.B.N.
978-84-9914-086-5
Publicación
16/03/2010
Clasificación IBIC
DCF
Formato
Papel
Páxinas
136
Tamaño
22 x 15 cm