Materia de Lucrecio de Xabier Paz é un poemario concibido na tradición de pensamento liberador e cívico, amecendo a visión filosófica e científica coa poética: un libro que constitúe unha reflexión sobre a orixe e o devir do Cosmos, sobre a existencia e o coñecemento humanos neste desolado pórtico do século XXI.
Partilla este libro
Sinopse
Materia de Lucrecio de Xabier Paz é un poemario concibido na tradición de pensamento liberador e cívico, amecendo a visión filosófica e científica coa poética: un libro que constitúe unha reflexión sobre a orixe e o devir do Cosmos, sobre a existencia e o coñecemento humanos neste desolado pórtico do século XXI. A emoción e a estrañeza do vivir ven suxeita pola rédea do coñecemento científico que se expón non exento de ironía. O desconcerto da conciencia, limitada, dexergando o Universo ilimitado e a vertixe da visión cosmolóxica na súa inmensidade, procuran acougo no acicate do coñecemento obxectivo e poético da materia, do seu devir. O ser humano, tenta recoñecerse na parte non arredada do Universo apalpando as súas leis. O coñecemento poético do posible como guieiro: poesía da materia. Poesía non como asombro polo íntimo, senón como indagación no que de común temos na nosa individualidade, a busca dunha estética antropolóxica. Poesía da experiencia, pero non da experiencia persoal e individual senón da experiencia comunitaria que nos outorga o herdo comunal do coñecemento científico.
Colección
POESÍA
Código
1322211
I.S.B.N.
978-84-9782-474-3
Publicación
28/08/2006
Clasificación IBIC
DCF
Formato
Papel
Páxinas
96
Tamaño
22 x 14.5 cm
Autor
Xabier Paz
Xabier Paz (A Coruña, 1949) reside en Vigo, onde exerceu diversos oficios desde 1980. Doutor en Ciencias Biolóxicas, dedicou boa parte da súa vida á investigación no Centro Oceanográfico de Vigo e foi colaborador de diversas publicacións culturais, de pensamento crítico e de viaxes. Publicou as novelas «Renacer» (Xerais, 2008), «As vidas de Nito» (Xerais, 2013), «A galera de Xelmírez» (Xerais, 2015), «Aníbal e a Pintora» (Xerais, 2017), «Galileo no espello da noite» (Xerais, 2019), «A Barcelonesa» (Xerais, 2021) e «O libro e o tapiz» (2023). Como poeta, publicou «Sedimentos» (2001), «No canto do mar» (2005), «Materia de Lucrecio» (Xerais, 2006) e «Filoxenia do sangue» (2006). Tamén é autor do libro «Follas do bacallau» (Xerais, 2005), que recolle a vida a bordo dos pesqueiros de grande altura.