Esta Antoloxía da lírica galego-portuguesa é unha obra monumental. A través dela, os lectores e lectoras galegos teñen acceso, por primeira vez desde unha edición galega, a un corpus tan amplo como xeneroso da nosa lírica medieval.
Partilla este libro
Sinopse
Esta Antoloxía da lírica galego-portuguesa é unha obra monumental. A través dela, os lectores e lectoras galegos teñen acceso, por primeira vez desde unha edición galega, a un corpus tan amplo como xeneroso da nosa lírica medieval. Da man do especialista en estudios literarios medievais Xosé Bieito Arias Freixedo ofrécese por fin a oportunidade de acceder ao máis salientable do cancioneiro profano -cantigas de amigo, cantigas de amor e cantigas de escarnio e maldicir-. Poemas de Martin Codax, Airas Nunes, Don Dinis, Meendinho ou Pero Meogo, por só citar algúns entre unha amplísima nómina de autores e de textos seleccionados, dispostos nunha edición que conta cun amplo e accesible estudio introductorio e que analiza e nos guía, con erudición e sinxeleza, por este tesouro literario que é a nosa lírica medieval.
Colección
Xerais Clásicos
Código
1333101
I.S.B.N.
978-84-9782-062-2
Publicación
28/10/2003
Clasificación IBIC
DCF
Formato
Papel
Páxinas
960
Tamaño
22 x 14.5 cm
Autor/a
Xosé Bieito Arias Freixedo
Xosé Bieito Arias Freixedo, responsable da edición desta Antoloxía da lírica galego-portuguesa é especialista en estudios literarios medievais, autor de diversos traballos de investigación en libros e revistas especializadas, e profesor da Universidade de Vigo.