Recén chegados

Retorno

Retorno

Retorno

María Reimóndez

Sonora

Sonora

Sonora

Chus Pato

Modesta proposición e outros ensaios

Autor/a : Lois Pereiro

A Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia, así como os artigos e entrevistas incluídos nesta edición, son un testamento claro do pensamento e das posturas literarias e vitais de Lois, e rachan os dous principais tópicos sobre el.

Partilla este libro

Sinopse

A Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia, así como os artigos e entrevistas incluídos nesta edición, son un testamento claro do pensamento e das posturas literarias e vitais de Lois, e rachan os dous principais tópicos sobre el. Un, o que o cualifica unicamente como poeta. O outro, o do seu malditismo. E reafirman o compromiso radical de Lois Pereiro coa literatura e co mundo no que vivía. «Canto peores sexan os tempos que vivamos, máis falsa será a inxenuidade, menos inocente a indiferenza, e máis cómplice non comprometerse», reclamaba na Modesta proposición. Este ano en que se lle dedica o Día das Letras Galegas, Lois Pereiro faría 53 anos e sería un dos poetas de referencia. De feito éo, a pesar de que, ata este ano, unicamente tiña publicados dous poemarios e un terceiro póstumo, esgotados ou difíciles de atopar. Cento e pico poemas chegáronlle para ser a un tempo unha das voces máis innovadoras da lírica galega de finais do século XX e, como aventurou Manuel Rivas xa en 1993, o clásico que ten a literatura galega sen sabelo.

  • Colección

    Xerais Clásicos

  • Código

    1333113

  • I.S.B.N.

    978-84-9914-231-9

  • Publicación

    18/03/2011

  • Clasificación IBIC

    DNF

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    88

  • Tamaño

    22 x 14.5 cm

  • Colección

    Xerais Clásicos

  • Código

    1378604

  • I.S.B.N.

    978-84-9914-246-3

  • Publicación

    15/07/2011

  • Clasificación IBIC

    DNF

  • Formato

    ePub

Sobre a colección Xerais Clásicos