Poesía galega completa Ramón Cabanillas
Este volume, preparado polos catedráticos Xosé Ramón Pena e Xosé María Dobarro, reúne todos os poemarios publicados por Ramón Cabanillas, así como a súa obra poética dispersa, introducindo importantes novidades ecdóticas con respecto ás dúas edicións de obra completa anteriores, tanto a publicada en 1959 nun único volume polo Centro Galego de Bos Aires como a editada por Xesús Alonso Montero entre 1979-1981.