Esta Antoloxía da literatura galega 1981-2011 é unha continuación da histórica Antoloxía da literatura galega 1196-1981 publicada en 2010 e presenta, en edición bilingüe galego-inglés, sesenta textos de sesenta escritores galegos contemporáneos.
Partilla este libro
Sinopse
Esta Antoloxía da literatura galega 1981-2011 é unha continuación da histórica Antoloxía da literatura galega 1196-1981 publicada en 2010 e presenta, en edición bilingüe galego-inglés, sesenta textos de sesenta escritores galegos contemporáneos. Todos os xéneros están representados: narrativa (tanto para adultos como infantil e xuvenil), poesía, teatro e ensaio. En todos os casos, agás en seis, os autores mesmos elixiron os seus textos. Este segundo volume ofrece unha selección completa da mellor literatura galega producida ao longo dos últimos trinta anos, con nomes familiares como os de Manuel Rivas e Chus Pato acompañados dun abondoso talento ata o de agora en boa medida por descubrir.
Colección
Xerais Universitaria
Código
1327135
I.S.B.N.
978-84-9914-430-6
Publicación
20/11/2012
Clasificación IBIC
DSBH
Formato
Papel
Páxinas
400
Tamaño
24 x 17 cm
Autor
Jonathan Dunne
Jonathan Dunne editou e cotraduciu o primeiro volume desta antoloxía, Antoloxía da literatura galega 1196-1981, unha ollada histórica a 800 anos de literatura galega a través de cincuenta e cinco textos en edición bilingüe. Tamén editou e traduciu o suplemento Contemporary Galician Poets para o número de inverno de 2010 de Poetry Review, a revista da Poetry Society do Reino Unido. Traduce do búlgaro, catalán, galego e castelán, e os seus traballos máis coñecidos son as traducións de obras de Manuel Rivas, entre as que se inclúen as versións en inglés d'O lapis do carpinteiro e Os libros arden mal. Escribiu dous libros: un poemario, Even Though That, e un estudo das conexións existentes entre palabras inglesas, The DNA of the English Language. Dirixe a editorial Small Stations Press, que publica a colección Galician Classics.