«Paixón e ciencia percorren todo este libro co obxectivo de que sexa unha obra útil para dar longa vida ás falas do Val do Ellas.
A presente monografía é o resultado de vinte anos de continuas visitas de Xosé-Henrique Costas á zona para recoller material, que foi dando a coñecer nun bo quiñón de relatorios e de artigos, agora revisados, actualizados e agrupados nos diversos capítulos deste libro, co que demostra que nada do que se refire ó Val do Ellas lle é alleo.
Partilla este libro
Sinopse
«Paixón e ciencia percorren todo este libro co obxectivo de que sexa unha obra útil para dar longa vida ás falas do Val do Ellas.
A presente monografía é o resultado de vinte anos de continuas visitas de Xosé-Henrique Costas á zona para recoller material, que foi dando a coñecer nun bo quiñón de relatorios e de artigos, agora revisados, actualizados e agrupados nos diversos capítulos deste libro, co que demostra que nada do que se refire ó Val do Ellas lle é alleo. Debulla con paixón e claridade expositiva, entre outros aspectos, a onomástica e a historia do galego na zona (con atención especial á toponimia), dá hipóteses sobre o mantemento da fala e a súa polémica adscrición lingüística e fai unha completa caracterización fonética, morfosintáctica e léxica, para rematar cunha análise da situación sociolingüística e da urxente necesidade de codificación destas falas, para o que propón unha solución ''á galega''.
Non separa o estudo lingüístico dos temas sociais e legais, non escapa dos aspectos políticos, polo que o libro se abre cun longo capítulo sobre o contexto lexislativo e político de todas as linguas minorizadas de España, e estuda a lexislación lingüística ignorada, particularmente a Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias e a súa importancia para a normalización do galego de Galicia, mais tamén para o galego estremeiro e do Val do Ellas.»
Colección
Xerais Universitaria
Código
1327138
I.S.B.N.
978-84-9914-557-0
Publicación
29/09/2013
Clasificación IBIC
DNF
Formato
Papel
Páxinas
280
Tamaño
24 x 17 cm
Autor
Xosé-Henrique Costas González
Xosé-Henrique Costas González (Mantelas-Freixeiro-Vigo, 1962). Licenciado en Filoloxía Hispánica (Galego-Portugués) e doutor en Filoloxía Galega pola USC, é profesor na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, tras o seu paso como docente de Lingua Galega polos campus da Coruña, Pontevedra e Ourense. Foi tamén profesor e conferenciante invitado en diversos cursos e mestrados de universidades de Italia, Alemaña, Irlanda e Brasil.
Na Universidade de Vigo desempeñou os cargos de director do Departamento de Filoloxía Galega e Latina; director da Área de Normalización Lingüística (responsable das campañas de normalización Chámate con xeito, Busco amante galego falante e Europa é plurilingüe: quen sabe galego sabe máis) e, nos últimos anos, vicerreitor de Extensión Universitaria.
Como investigador está especializado fundamentalmente nos eidos da dialectoloxía e da sociolingüística. En dialectoloxía vén traballando nas falas do galego exterior (Eo-Navia, Bierzo e As Portelas), principalmente no chamado valego ou galego de Cáceres, sobre as que ten publicado unha trintena de artigos e edicións. En sociolingüística preocúpase da situación das linguas e variedades minorizadas e emerxentes, da súa autoría foi a exitosa Guía das linguas de Europa (2002) e súa foi a coordinación do manual de intervención social 55 mentiras sobre a lingua galega (2009). En literatura ten investigado e publicado varios libros e artigos sobre a produción poética, tradutora, ensaística e xornalística de Álvaro Cunqueiro.