Número de libros encontrados: 25
Quen precisa unha avoa?
Este curso non pinta ben para Marta. O mestre quere traballar nun proxecto para o que van ter que falar coas súas avoas... Pero ela non ten avoas! E iso que, se mira ao redor, ve unha chea...
O segredo de Joseph Haydn
Suso de Toro relata un episodio descoñecido até o momento da biografía de Joseph Haydn: un desvío da ruta que o levaba a Londres e que lle permitiu coñecer o reino galego...
A gruta da torre
Rematado o curso, Lois viaxa coa súa familia a pasar outro verán en Ribadeo. Quique, Greta e o resto da cuadrilla agardan por el, e ese ano hai tamén unha nena nova...
Darío a diario
En 1996 Xela Arias publica «Darío a diario», un libro de poemas dedicado ao seu fillo, que ofrece unha visión desidealizada e ao tempo fonda e entrañable da experiencia da maternidade...
Contos de obxectos
Magnífico orador, Xabier P. DoCampo posuía unha especial mestría para relatar historias a viva voz. «As historias que máis me gustan son as que naceron para seren contadas oralmente», dicía; e así se xestaron estes «Contos de obxectos», oito relatos até agora inéditos que DoCampo gustaba de contar amosando no momento preciso algún obxecto central no desenvolvemento da trama...
A tropa contra o virus
Monchiña e Floreano lideran un grupo de personaxes que se unen á doutora Peralta para derrotar o coronavirus. A realidade aumentada, a realidade virtual e o mundo real combínanse nesta historia que transcorre entre as Rías Baixas e Compostela, onde ten lugar unha batalla crucial contra a COVID-19...
A balada dos unicornios
A Escola de Artefactos e Oficios acolle os mozos e mozas máis brillantes. Son capaces de crear casas motorizadas, sombreiros voadores e outras proezas abraiantes...
4 xinetes
Quizais nunca o pensases. Quizais nunca considerases que algo así podería chegar a acontecer. Así que inténtao. Intenta imaxinar por un momento o que habías sentir se un día descobres que vas ser o causante da morte de sete mil millóns de persoas...
Lendo lendas, digo versos
Velaí, en harmoniosa compaña, vinte lendas con cadanseu poema. Lendas extraídas das raiceiras da nosa tradición, a maioría pouco coñecidas, moi variadas tanto na procedencia xeográfica como na temática tratada; poemas que, como fillos da fantasía que son, tiveron que ser arrincados dos «recantos do ...
Bieito Dubidoso
Bieito Dubidoso era mago, e nas súas mans de alas de colibrí tremían a velocidade da luz e a exactitude do reloxo. Facedor de acontecementos imposibles era quen de provocar a desaparición dunha persoa ou de serrar o corpo de calquera e volvelo colar, sen que as vítimas se apercibisen de nada do sucedido...
Ovella descarreirada
Este libro contén trinta e tres poemas sobre unha ovella descarreirada, un polbo no garaxe, abellas bailando sen descanso a louca danza da ledicia ou fanecas bravas que ollan en fite a balea azul...
Ámote Leo A. Terminal de... chegadas?
«Mamá, volvo á casa. Xa.» Así lle escribe Leo á súa nai unha noite de primavera, catro meses despois do inicio da súa fascinante viaxe polo mundo...
O único que queda é o amor
Hai unha trama de fíos invisibles que une as vidas dos personaxes deste novo libro de relatos de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Pablo Auladell: Diana, Sara, Pablo, Laura, Adrián...
Ámote Leo A. Estación de tránsito
Abril de 2011. Un autobús percorre lentamente a Anatolia. No seu interior, Leo sente que lle ferve a cabeza nunha dura batalla entre os medos, as esperanzas e as dúbidas...
A illa de todas as illas
A illa de todas as illas narra a aventura de tres rapaces, nunha illa deserta que non ten nome, pero a que todos chaman Navalleira. Puxéranlle ese nome os mariñeiros, porque nela había moitas navallas; pero agora, segundo lles conta o patrón do barco que os leva alí, só quedan brétemas mestas e espíritos...