Recén chegados

Retorno

Retorno

Retorno

María Reimóndez

Sonora

Sonora

Sonora

Chus Pato

books
Temática
formato
IDADE

Número de libros encontrados: 6

Falso aniversario. Os Minimortos

Ledicia Costas

Maya está nerviosa porque se aproxima o seu aniversario. Cando chega o día, os Minimortos prepáranlle unha festa sorpresa onde non falta de nada, mesmo hai uns impresionantes fogos de artificio que preparou Dinamito no seu laboratorio...

Ai, que risa! Os Minimortos

Ledicia Costas

O oso Penoso non está a pasar o seu mellor momento. Nunca foi a alma da festa, pero agora está triste de verdade. Para tentar animalo, os Minimortos deciden multar a todos os habitantes do Outro Barrio que digan cousas que sexan o contrario de alegres...

O Día dos Vivos. Os Minimortos

Ledicia Costas

A noite do Samaín é a máis importante do ano. A Bruxa Xefa celebra na súa casa unha festa de disfraces e convida só a algúns afortunados. Todos os habitantes do Outro Barrio agardan nerviosos polo seu convite mentres deseñan disfraces terroríficos para a ocasión...

Escola de salvaxes. Os Minimortos

Ledicia Costas

A inesperada aparición da mestra Sinistra revoluciona os Minimortos. Quen será esa muller tan excéntrica? Camiña coma se pisase chinchetas, leva un sol enriba da cabeza e está empeñada en obrigalos a estudar...

Criando malvas. Os Minimortos

Ledicia Costas

Petunio leva días preocupado. As flores que viven na súa cabeza están algo murchas. Necesita unha solución. Decide visitar a Dinamito e pedirlle axuda, pero todo se vai torcer dunha forma incrible...

Benvido ao Outro Barrio. Os Minimortos

Ledicia Costas

Os Minimortos son unha cuadrilla de nenos moi diferentes a ti: son nenos de ultratumba. Agardan polos seus pais no Outro Barrio, un lugar de paso onde teñen liberdade para facer o que lles pete...