Autor/a
Antonio Pedrós-Gascón
Antonio Francisco Pedrós-Gascón é doutor en literatura española e latinoamericana por The Ohio State University (Columbus), onde se doutorou cunha tese sobre as interaccións do boom latinoamericano en España. Na actualidade é profesor asistente de literatura, cultura e cine peninsular contemporáneo en Colorado State University (Fort Collins), e foi profesor visitante en Swarthmore College (Philadelphia).
É subdirector de España contemporánea: revista de literatura y cultura, autor de José Manuel Caballero Bonald: regresos a Argónida en 33 entrevistas (Zaragoza: Prensas Universitarias) e Conversas con Suso de Toro (Edicións Xerais de Galicia, 2005), así como de varias decenas de artigos e recensións publicados en revistas especializadas.