Este libro recolle as conversas que mantivo Antonio Pedrós-Gascón, profesor da Universidade de Ohio, con Suso de Toro. Reconstruídas ao xeito dun longo monólogo ou dunhas primeiras memorias ditadas á altura dos cincuenta anos, o autor compostelano lembra de forma ordenada dende a experien-cia da súa infancia de posguerra, o seu paso pola Universidade e comezo da súa militancia política, ata o seu traballo como escritor profesional en lingua galega.
Partilla este libro
Sinopse
Este libro recolle as conversas que mantivo Antonio Pedrós-Gascón, profesor da Universidade de Ohio, con Suso de Toro. Reconstruídas ao xeito dun longo monólogo ou dunhas primeiras memorias ditadas á altura dos cincuenta anos, o autor compostelano lembra de forma ordenada dende a experien-cia da súa infancia de posguerra, o seu paso pola Universidade e comezo da súa militancia política, ata o seu traballo como escritor profesional en lingua galega. A reflexión sobre a ansia de narrar, a experien-cia vivificante como lector, o diálogo coa creación e o tempo contemporáneo, ou a permanente busca de sentido e trascendencia á propia vida constitúen algúns eixos temáticos dun libro onde a biografía e a obra literaria de Suso de Toro vanse entretecendo como saba de liño. Acompáñase o libro de varios textos inéditos, como os seus primeiros relatos, publicados aos dezaseis anos, ou as "Media docena de vidas", modestas autobiografías que retratan as diversas máscaras do autor de ficción e ensaísta para que cada lector escolla a quela que mellor conveña.
Colección
CRÓNICA
Código
1345077
I.S.B.N.
978-84-9782-373-9
Publicación
07/11/2005
Clasificación IBIC
BGL
Formato
Papel
Páxinas
352
Tamaño
22.1 x 14.5 cm
Autor
Antonio Pedrós-Gascón
Antonio Francisco Pedrós-Gascón é doutor en literatura española e latinoamericana por The Ohio State University (Columbus), onde se doutorou cunha tese sobre as interaccións do boom latinoamericano en España. Na actualidade é profesor asistente de literatura, cultura e cine peninsular contemporáneo en Colorado State University (Fort Collins), e foi profesor visitante en Swarthmore College (Philadelphia).
É subdirector de España contemporánea: revista de literatura y cultura, autor de José Manuel Caballero Bonald: regresos a Argónida en 33 entrevistas (Zaragoza: Prensas Universitarias) e Conversas con Suso de Toro (Edicións Xerais de Galicia, 2005), así como de varias decenas de artigos e recensións publicados en revistas especializadas.