Autor/a
Carles Cano
Carles Cano (Valencia, 1957) é escritor e contacontos en lingua catalá. En lingua galega publicou unha parte da súa extensa obra de literatura infantil: «A galiña que puido ser princesa» (1995), «Onde está o nariz de Pinocho» (1999), «A árbore das follas DINA4» (2000), «O outro lado do sombreiro» (Xerais, 2002), «Os tres lobiños e o porco» (2007), «Abecedario ilustrado» (Xerais, 2016) e «O segredo do avó» (Xerais, 2017).