27 ilustradores españois e latinoamericanos participan neste abecedario ilustrado.
Unha letra por cada dobre páxina, unha palabra que comeza por esa letra e un pequeno texto literario, en ton divertido e asequible para os pequenos lectores, no que aparece esta palabra, escrito en maiúsculas e letra ligada.
Partilla este libro
Sinopse
27 ilustradores españois e latinoamericanos participan neste abecedario ilustrado.
Unha letra por cada dobre páxina, unha palabra que comeza por esa letra e un pequeno texto literario, en ton divertido e asequible para os pequenos lectores, no que aparece esta palabra, escrito en maiúsculas e letra ligada. Con chiscadelas nas ilustracións que fan referencia a palabras que comezan pola mesma letra.
Con ilustracións de: Adolfo Serra, Alberto Gamón, Ana Pez, Antonia Santolaya, Carme Solé Vendrell, David Pintor, Emilio Urberuaga, Federico Delicado, Goyo, Gusti, Iban Barrenetxea, Isol, Ivar da Coll, Javier Olivares, Lucía Serrano, María Espluga, Miguel Ángel Díez, Miguelanxo Prado, Mikel Valverde, Nuria Díaz, Óscar Julve, Paco Giménez, Rafael Yockteng, Roger Ycaza, Víctor Rivas, Xan López Domínguez, Ximena Maier.
Colección
EDICIÓNS SINGULARES INFANTÍS
Código
1334044
I.S.B.N.
978-84-9121-110-5
Publicación
13/10/2016
Clasificación IBIC
YBLA
Formato
Papel
Páxinas
72
Tamaño
28 x 25 cm
Autor/a
Carles Cano
Carles Cano (Valencia, 1957) é escritor e contacontos en lingua catalá. En lingua galega publicou unha parte da súa extensa obra de literatura infantil: «A galiña que puido ser princesa» (1995), «Onde está o nariz de Pinocho» (1999), «A árbore das follas DINA4» (2000), «O outro lado do sombreiro» (Xerais, 2002), «Os tres lobiños e o porco» (2007), «Abecedario ilustrado» (Xerais, 2016) e «O segredo do avó» (Xerais, 2017).