Autor/a
Chelo Suárez
Chelo Suárez Muíños nada na Coruña, no barrio de Santa Lucía, no seo dunha familia mariñeira. Medrou entre libros, moitos libros, cunchas e estrelas de mar. Asinou en diversas ocasións cos pseudónimos Amara Orzania e Puliana Marful. Foi colaboradora habitual de Radio Oleiros.
Obra Narrativa: ''Flor de Xiz'', 2003, ''A Venus de cristal'', 2008, ''Os milagres de Cristamar'', 2008, ''As horas rotas'', 2010, ''A neve e o lume'' (próxima aparición).
Poesía: ''Corpo de mar'', 2008, ''O arco da luz'', 2009, publicado en internet pola AELG.
Obras colectivas: ''En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova'', 2010, ''Vivir un soño repetido''. Homenaxe a Lois Pereiro, 2011, libro electrónico da AELG.
Premios: Premio de literatura erótica Narrativas Quentes no 2008, por Os milagres de Cristamar.
Segundo premio do Modesto Figueiredo no 2008, por Colleita de sombras. Gañadora da XVII edición do premio Lueiro Rey no 2010, pola obra As
horas rotas.
Gañadora do premio Adiala de relato curto do Centro Galego de Mallorca no 2010, por Monólogo dun cadáver.
Gañadora da XIII Edición do Certame de narración curta Ánxel Fole, no 2011, por Recendos.
Finalista do Manuel Murguía no 2012, por Momentos de néboa e luz.