Recén chegados

Luísa Villalta. Alma de violino

Luísa Villalta. Alma de violino

Luísa Villalta. Alma de violino

Beatriz Maceda

Luísa Villalta. Melodía de palabras

Luísa Villalta. Melodía de palabras

Luísa Villalta. Melodía de palabras

María Canosa

A Venus de cristal

Autor/a : Chelo Suárez

Pietro Puliani é un afamado vidreiro veneciano que posúe grandes coñecementos sobre alquimia e poderes adiviñatorios aprendidos no Exipto. Todo o que rodea a figura de Pietro é un gran misterio: vive nun dos illotes de Venecia e habita un suntuoso palacio ao que case ninguén accedeu nunca; agocha a súa face baixo unha máscara carnavalesca; goza do respecto da alta nobreza e da protección do Dogo; ninguén sabe a súa idade e moitos pensan que é o mesmo demo.

Partilla este libro

facebook twitter

Sinopse

Pietro Puliani é un afamado vidreiro veneciano que posúe grandes coñecementos sobre alquimia e poderes adiviñatorios aprendidos no Exipto. Todo o que rodea a figura de Pietro é un gran misterio: vive nun dos illotes de Venecia e habita un suntuoso palacio ao que case ninguén accedeu nunca; agocha a súa face baixo unha máscara carnavalesca; goza do respecto da alta nobreza e da protección do Dogo; ninguén sabe a súa idade e moitos pensan que é o mesmo demo. Pietro Puliani dedica a súa vida á busca da beleza e da inmortalidade femininas. Para dar con elas, frecuenta todos os bordeis da cidade na procura da rapaza que agoche no seu interior unha alma inmortal e bela. Cunha prosa elaborada, que recrea ambientes preciosistas e ás veces oníricos, A venus de cristal, a novela coa que Chelo Suárez Muíños debuta na colección Xerais Narrativa, retrata con precisión descricións de escenas e lugares marabillosos e personaxes entre fantásticos e grotescos daquela Venecia do século XV, conducindo ao lector cun ritmo áxil polas súas páxinas.

  • Colección

    Narrativa

  • Código

    1331249

  • I.S.B.N.

    978-84-9782-694-5

  • Publicación

    23/01/2008

  • Clasificación IBIC

    FA

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    144

  • Tamaño

    22 x 14.5 cm

Sobre a colección Narrativa