Autor/a
Eva Moreda
Eva Moreda (A Veiga, 1981) é licenciada en Filoloxía Clásica e Musicoloxía. Realizou traballos nos ámbitos da comunicación, a tradución e a docencia. Debutou na literatura galega en 1997 tras obter o Premio Rúa Nova de Narracións Xuvenís coa novela de tema artúrico Breogán de Guisamonde, o cabaleiro da gaivota. Desde entón publicou as novelas O demo e o profundo mar azul (Edicións Positivas, 2003); Singularis Domitilla (Servizo de Publicacións da USC, 2004), Premio Historias na Universidade; O país das bestas (Biblos Clube de Lectores, 2009); Organoloxía (Edicións Positivas, 2010), Premio Narrativas Quentes 2010; e A Veiga é como un tempo distinto (Xerais 2011), Premio de Creación Literaria Terra de Melide 2010.