Recén chegados

Retorno

Retorno

Retorno

María Reimóndez

Sonora

Sonora

Sonora

Chus Pato

A Veiga é como un tempo distinto

Autor/a : Eva Moreda

Para Elisa dos Barreses e para Gelo o medo comezou en Portobello Road. Tamén alí foi onde retomaron a súa amizade, descubriron o pracer, o valor da liberdade, a música dos Beatles e dos Monkees ou a minisaia de Twiggy.

Partilla este libro

Sinopse

Para Elisa dos Barreses e para Gelo o medo comezou en Portobello Road. Tamén alí foi onde retomaron a súa amizade, descubriron o pracer, o valor da liberdade, a música dos Beatles e dos Monkees ou a minisaia de Twiggy. Para eles, dous mozos emigrantes, A Veiga, o seu territorio de orixe, quedara conxelada no mesmo día que a abandonaran, converténdose nun tempo distinto. Narrada cunha prosa elegante e medida, esta novela retrata, dende o punto de vista das mulleres, o percorrido vital dunha comunidade de emigrantes galegos en Londres durante a década de 1960. Os límites dos vínculos afectivos entre cada un dos seus membros, o amor, a soidade son temas principais dun relato onde o valor das emocións ten un peso decisivo. Mais, tamén, percorren as páxinas da novela as profundas mudanzas sociais que xermolaron na Europa daquel momento, dende o nacemento do movemento de liberación da muller e do sindicalismo feminino ao agromar da música pop e da súa cultura, fenómenos que anos máis tarde tanto influíron nos cambios profundos da sociedade galega.

  • Colección

    Narrativa

  • Código

    1331301

  • I.S.B.N.

    978-84-9914-233-3

  • Publicación

    05/04/2011

  • Clasificación IBIC

    FA

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    120

  • Tamaño

    22 x 14.5 cm

  • Colección

    Narrativa

  • Código

    1378188

  • I.S.B.N.

    978-84-9914-797-0

  • Publicación

    18/03/2015

  • Clasificación IBIC

    FA

  • Formato

    ePub

Sobre a colección Narrativa