Fina Casalderrey (Xeve, Pontevedra, 1951) é un dos grandes nomes da literatura galega, distinguida ao longo da súa traxectoria con prestixiosos premios e recoñecementos. Deuse a coñecer en 1991 coa novela xuvenil «Mutacións xenéticas», ano en que gaña o Premio Merlín de Literatura Infantil con «Dúas bágoas por Máquina» (1992-2025). En 1996 foille concedido o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil por «O misterio dos fillos de Lúa», obra que xa obtivera o Barco de Vapor 1994. Desde entón, publicou máis de setenta títulos, dirixidos preferentemente a lectores infantís ou xuvenís, aos que lles hai que sumar as historias recollidas en volumes colectivos. Ademais, colabora en prensa con artigos e traballos para diferentes publicacións. Os seus libros, escritos orixinalmente en galego, tradúcense acotío a outras linguas. Desde novembro de 2013 forma parte da Real Academia Galega. É nomeada en varias ocacións como candidata española aos Premios Andersen e Astrid Lindgren. En Xerais publica unha parte importante da súa obra; os títulos máis recentes son «Historia da bicicleta dun home lagarto» (2014), «O xenio da Cidade do Sal» (2021), «A Muller Xabaril» (2023) e «Operación Lola Carola» (2027).
A súa web é fina.casalderrey.com