Autor/a
Goretti Fariña
Goretti Fariña Caamaño (San Xoán de Baión, Vilagarcía) é licenciada en Bioloxía e doutorouse en Enxeñaría dos residuos. É profesora e guionista dunha empresa videográfica. Como poeta obtivo numerosos galardóns, entre os que destacan o Rosalía de Castro por Nai e mais ninguén (2000); o premio Avelina Valladares do concello da Estrada 2002 por Nada por vir; o XXVIII premio de poesía do Concello de Vilalba 2007 por Codias canda min e o premio de poesía Victoriano Taibo 2009, convocado pola entidade local de Morgadáns e polo Instituto de Estudos Miñoranos, por Devastacións dispoñibles (2010). Como narradora obtivo o premio de novela curta "Cidade centenaria de Riveira" 2011 por Orlando pendurado (Xerais 2012).