A nove metros do chan e a sete do taboleiro onde escorregara dez minutos antes, o operario Orlando Valiñas planeaba na bruma da mañá. Pendurado dun incómodo arnés, que o unía á vida, pensaba en Alexandra, a compañeira que enchera a súa vida nos tres últimos anos.
Partilla este libro
Sinopse
A nove metros do chan e a sete do taboleiro onde escorregara dez minutos antes, o operario Orlando Valiñas planeaba na bruma da mañá. Pendurado dun incómodo arnés, que o unía á vida, pensaba en Alexandra, a compañeira que enchera a súa vida nos tres últimos anos. Orlando preguntábase como identificar os sinais que indican o modo de facer correcto na vida, a maneira de atopar o rumbo preciso para avanzar na boa dirección. Durante aquela situación límite, en boa medida froito do tempo de crise que vivimos, cruzáronselle na súa cabeza as decisións principais da súa vida, xusto cando se verá obrigado a tomar outra que orientará o seu futuro.
Con Orlando pendurado, un protagonista argallante que principia namorado e remata furioso, a autora quixo trazar un relato entre existencial e costumista, cun resultado entre piadoso e retranqueiro.
Colección
Narrativa
Código
1331316
I.S.B.N.
978-84-9914-345-3
Publicación
09/03/2012
Clasificación IBIC
FH
Formato
Papel
Páxinas
80
Tamaño
22 x 14.5 cm
Autor
Goretti Fariña
Goretti Fariña Caamaño (San Xoán de Baión, Vilagarcía) é licenciada en Bioloxía e doutorouse en Enxeñaría dos residuos. É profesora e guionista dunha empresa videográfica. Como poeta obtivo numerosos galardóns, entre os que destacan o Rosalía de Castro por Nai e mais ninguén (2000); o premio Avelina Valladares do concello da Estrada 2002 por Nada por vir; o XXVIII premio de poesía do Concello de Vilalba 2007 por Codias canda min e o premio de poesía Victoriano Taibo 2009, convocado pola entidade local de Morgadáns e polo Instituto de Estudos Miñoranos, por Devastacións dispoñibles (2010). Como narradora obtivo o premio de novela curta "Cidade centenaria de Riveira" 2011 por Orlando pendurado (Xerais 2012).