Autor/a
Serafín Parcero
Serafín Parcero (Moaña, 1955) é mestre xubilado. Desde novo participou na vida social, cultural e deportiva da súa vila e estivo vencellado á narración e ao teatro infantil. Como escritor, iniciouse no ámbito do microrrelato no ano 2000 e varios dos seus textos recibiron diversos premios. A illa dos deuses (Xerais, 2020) é a súa primeira novela.